A saia da Carolina
A saia da carolina é unha canción tradicional galega que se foi transmitindo oralmente dunha forma lúdica e recreadora, boca a boca, de pais a fillos, de fillos a netos…
O cancioneiro galego infantil serve para o desenvolvemento de toda a educación psicomotriz espacial, temporal e sensorial dos nen@s nos seus primeiros anos de vida como ben menciona Manuel Rico Verea.
Esta canción reproduce unha estructura rítmica e melódica creada cunha finalidade concreta. No espazo lúdico de transmisión do ser querido e o nen@, aprendíanse formas de ser, de estar e vivir no mundo cultural galego; desenvolvendo as súas capacidades psicomotrices; adquirindo as ferramentas básicas para ser donos da palabra.
Trátase dun material pedagóxico moi importante que pasa desapercibido na sociedade actual que traballa a lingua, a psicomotricidade, o ritmo silábico e a interacción da lingua coa música.
Este conto pertence a etapa animista, que vai dende os dous aos seis anos, contemplando os intereses do nen@ destas idades, investigada polo estudioso e crítico da literatura infantil, Francisco Cubells.
A saia da Carolina desenvolve as capacidades lingüísticas, musicais, psicomotrices, auditivas, expresivas e creativas dos máis pequenos.
O conto pode dividirse en dúas partes.
Na primeira parte aparece o conto en sí. A Carolina é unha rapaza que vive no medio rural galego concretamente en Nugallás, e coma unha nena normal acude a escola donde debuxa un lagarto que recobra vida e pégaselle á falda. Moi amiga de Xosé e moi querida polo seu pobo todos xuntos cantan a canción…
Na segunda parte aparecen as propostas metodolóxicas que poderían ser levadas a cabo na aula o una casa.
Xogar co conto, practicar os ritmos que aparecen no conto: 1º con percusión corporal (pitos, mans, xeonllos e pés) e logo cos instrumentos correspondentes, cantar a canción, relacionar os instrumentos cos personaxes do conto, coñecer os diferentes instrumentos folclóricos de Galicia (gaita, pandeiro, cunchas, pandeireta, tamboril, requinta…) , bailar e dramatizar a canción, realizar unha comedia musical, xogar as sombras chinescas con marionetas, realizar as marionetas con retales…etc.
Para conseguir o conto só tedes que poñervos en contacto coa autora do mesmo.